viernes, 7 de agosto de 2009

Artículo. web Festival de los abrazos. Habelas en el festival de los abrazos.

Abe Rábade e Traspediante abren
á xente o xardín de San Roque
e a calexa de entre Algalias

Santiago de Compostela, 06/08/2009.-

Durante dous días seguidos o complot sueco-luso de Stockholm Lisboa Project emocionou ao público na praza da Quintana. Onte a xente agardaba a que comezase o concerto nas escaleiras que separan a metade dos vivos da dos mortos cando desde atrás apareceu a voz de Liana entonando o fado “Rosa da noite”. Baixou os chanzos, chegou onda os seus compañeiros e deu comezo a segunda actuación do cuarteto en Compostela. Tanto o martes como o mércores, a xente que pasaba pola praza se foi unindo ao concerto, prendida desa voz brillante e do son da mandolina, o violín e a harmónica, para sumar máis de 3.000 persoas entre os dous días. Pero o Festival dos Abrazos, a iniciativa da Consellaría de Cultura e Centros Socioculturais para levar a cultura aos lugares singulares de Compostela durante o mes de agosto, non só conquista as estacións de paso da cidade, senón tamén os recunchos ocultos da cidade. Así o vivimos onte nas actuacións de Traspediante e Abe Rábade. O pianista ofreceu dous recitais nos que se entregou á improvisación, quizais movido polo escenario que rodeaba o seu piano: herba, árbores e un público que deitado no xardín de San Roque se deixaba levar polas derivas sonoras que partían dos dedos de Abe. A calexa de entre Algalias é un lugar tan oculto que moitos santiagueses non recordaban pisalo nos últimos anos.
O estreito acceso á calexa estaba onte ás oito e media taponado polas ducias de persoas que en silencio seguían os movementos de Begoña Cuquejo e Marta Alonso. Con Ariel Ninas ao mando dos sons electrónicos e a zanfona, as bailarinas de Traspediante déronlle nova vida á praza cunha proposta na que a danza contemporáneo tecía fíos coa tradicional. Outros recunchos de Compostela agardan o abrazo da música, a danza, o circo e outras artes nos vindeiros días. Hoxe a poesía do palestino Mahmud Darwish escoitarase na ruela de Xerusalén na voz de Luis González Tosar. E os cantos yoik dos lapóns mesturaranse co jazz na actuación de Skaidi nunha xoia pouco coñecida do patrimonio da cidade: a de Santa María do Camiño. O Sexteto Luis Díaz na praza de Feixoo e o artista de circo Andy Snatch na praza das Praterías completan a programación do día.

Enlaces:

No hay comentarios:

Publicar un comentario