jueves, 19 de mayo de 2011

Traspediante presenta Baleadas

Mostra do proceso creativo da peza Baleadas na presentación do segundo número da revista Núa na Sala Nasa
II encontro de procesos de creación+
11 Maio, 21:30











A revista Núa aproveita a presentación do seu número 2 para realizar o II Encontro de procesos de creación escénica, con participación de Begoña Cuquejo, Funboa Escénica, Fran Buceta, María Roja, Berio Molina, Joshua McCarey, Alberte Viveiro, Borja Salgado e Carlos Vidal. Tamén se presentará a edición de Agorafobia, texto de Clara Gayo recén editado en Ultratextos.

Núa é un novo espazo que pretende dar voz a aquelas creadoras que traballan na liña das novas linguaxes, facendo fincapé nos procesos de creación, e a aquelas outras que queiran colaborar cos seus escritos desde unha posición crítica e creativa para afondar nos múltiples aspectos que conforman o mundo das artes escénicas.

Anaglifo / vídeo danza, de Begoña Cuquejo

Oiseau rebelle / teatro, de Funboa Escénica

S/T (resaca de domingo) / Performance, de Fran Buceta, María Roja, Berio Molina

LivingRoom / teatro, de Joshua McCarey

() / intervención, de Julio Fernández

No hay comentarios:

Publicar un comentario