lunes, 27 de junio de 2011

Traspediante presenta El vestido verde en el IV Festival Empape
























*VIERNES 1 DE JULIO 2011 –
ESCALINATA DE LA DOMUS (CASA DEL HOMBRE) – 20.30 HORAS

-DECALAGE (Reino Unido) – APPEL – 20.30 H (estrea en Galicia)

-ANGEL MONTERO (Galicia) – Queda por chover - (Impulso a novos creadores) (ESTREA)

-SHLOMI BITTON – (Israel) – DALE VIDA (ESTREA)

*SÁBADO 2 DE JULIO 2011

-DARAOMAI (Francia-Barcelona) – 1, 2, 3, poma! – NOVO PARQUE DE OZA . 12.30 H

-LUSCO E FUSCO (Galicia) – Viaxes – PRAZA DE PONTEVEDRA. 19.00 H

-IKER GÓMEZ (Madrid) e RUT BALBIS (Galicia) – Apple Urban Drama – PRAZA DE PONTEVEDRA. 19.30 H

-MARTA ALONSO (Galicia) – Baila un vestido verde – ROMPEOLAS – Pº Marítimo – 19.50 h (Colaboración Programa Leonardo-CCG)

-ANGEL MONTERO (Galicia) – Queda por chover – PARQUE DO MATADERO (Baixo Paseo Marítimo) – 20.30 h (Impulso a novos creadores)

-PROYECTO D_RUSES (Zaragoza) (Jordi Vilaseca – Mickael Marso) – CITEAUX - PARQUE DO MATADERO – 20.45 H (Estrea en Galicia)

-GALICIAN URBAN PROJECT (Galicia) – Exhibición de Parkur – 21.00 h (Alrededor de la DOMUS)


*DOMINGO 3 DE JULIO 2011

-DECALAGE (Reino Unido) – APPEL – PRAZA DE ESPAÑA – 19.30 H

-ANDREA QUINTANA (Galicia) – Garabato – FONTE AO PE DA MURALLA DO PARROTE – 20.00 H (ESTREA) – (Pieza en agua)

-EMBER/LA MACANA (Cataluña-Galicia) – Cola de Gallo – Exterior CASTILLO DE SAN ANTÓN - 20.15 h

-ARANTZA LOPEZ Y LIBA VILLAVECCHIA (Barcelona) – Conversando íntimamente – CASTILLO DE SAN ANTÓN – 20.35 H

-JANET NOVÁS (Galicia) – Marieta – CASTILLO DE SAN ANTÓN – 20.55 H

-EA&AE - ELIAS AGUIRRE Y ALVARO ESTEBAN (Madrid) – ENTOMO – CASTILLO DE SAN ANTÓN – 21.10 H (Estrea en Galicia)

Dez creadores de cinco países clausuran en Galicia o Tour de Europa de Coreógrafos

O CENTRO COREOGRÁFICO GALEGO É UN DOS CINCO SOCIOS, XUNTO CON ENTIDADES DE ALEMAÑA, FRANCIA, IRLANDA E POLONIA, DESTE PROXECTO FINANCIADO POLA COMISIÓN EUROPEA


[27/06/2011] Dez coreógrafos de cinco países participan esta semana en Santiago e A Coruña no programa de clausura do proxecto Tour de Europa de Coreógrafos, que o Centro Coreográfico Galego (CCG) desenvolve desde o mes de setembro de 2010 xunto con outros catro centros de Alemaña, Francia, Irlanda e Polonia. Inserida no Programa de Formación Continuada da Comisión Europea, esta iniciativa celebrará as súas últimas sesións de traballo no Salón Teatro de Santiago e na sede coruñesa do CCG entre o mércores 29 e o sábado 2 de xullo, ademais de contemplar a asistencia dos creadores seleccionados a dúas das xornadas do Empape (Festival Internacional de Danza en Paisaxes Urbanas) da Coruña.

Tour de Europa de Coreógrafos Grenoble

Galicia será pois a última escala dos coreógrafos Marta Alonso e Jesús Rubio, polo Centro Coreográfico Galego; Claudia Miazzo e Philip Vuillerment, por Le Pacifique-CDC de Grenoble (Francia); Charlotte Spencer e Liadain Herriot polo Dance Ireland de Dublín; Aleksandra Boris e Beata Mysiak polo Lubeslki Teatr Tanca de Lublin (Polonia); e Lucia Glass e Gudrun Lange, polo Kampnagel de Hamburgo (Alemaña), despois de tomar parte nos talleres, seminarios, visitas e encontros profesionais desenvolvidos ao longo dos últimos nove meses nas outras catro entidades asociadas.

No peche do Tour de Europa de Coreógrafos, asistirán a reunións profesionais sobre produción e distribución de espectáculos cos representantes das produtoras galegas Eme2 e Pista Catro, e sobre creación multidisciplinar con Branca Novoneyra e con Nuria Sotelo. Participarán, ademais, nunha sesión de coaching sobre a solicitude e presentación de proxectos culturais.

Solo de Marta Alonso
Durante a súa estadía na Coruña, a partir da tarde do venres, os 10 participantes acudirán á inauguración do Festival Empape, onde na noite do sábado a compañía Traspediante presentará o solo Baila un vestido verde, creado e interpretado por Marta Alonso, unha das coreógrafas do Tour de Europa.

Coordinado polo centro Le Pacifique de Grenoble, o Tour de Europa de Coreógrafos permitiu a este grupo de creadores -e, por extensión, ao persoal das cinco estruturas implicadas- beneficiarse dun proceso formativo no que primaron a mobilidade, os intercambios e a confrontación do grupo como factores de apertura e de adaptación.

As actividades desenvolvidas no marco deste proxecto europeo centráronse tanto na faceta artística da profesión de coreógrafo, como nos aspectos técnicos e administrativos relacionados co desenvolvemento do seu traballo. Como complemento a este programa formativo, os 10 participantes seguiron así mesmo un programa de ensinanza en liña, co acompañamento dun titor persoal para cada un deles.

Na imaxe, unha das primeiras sesións celebradas en Grenoble (Francia) en 2010


http://www.agadic.info/novas/nova.php?id=923&lg=gal

http://www.abc.es/agencias/noticia.asp?noticia=861252


lunes, 20 de junio de 2011

I Festival de danza de Alfaia.



















Martes 21 de Xuño. 20.00h
Teatro Principal de Santiago de Compostela.


Coa colaboración:


miércoles, 15 de junio de 2011

"el pobre hombre rociado de leche"
























Has elejido ya tu generación?
Has encontrado un sitio para ti?
Crees que eres capaz de dejar "la masa" o que tú renovado y entrando en la vida,
caes en ella bajo el efecto de una bola de nieve? Dejaste de hacerte preguntas cuando
descubriste que las respuestas que buscabas eran demasiado difíciles de encontrar?
O quizas decidiste reabrir la discusión con nuevas preguntas?

Piensas que tu, como individuo serás capaz de sobrevivir solo o como persona
rociada de leche vas a lanzarte a la búsqueda o solo sigues al resto rociado?
a version en galego


"o pobre home rociado de leite"

elexiches xa a túa xeración?
atopaches un sitio para ti?
cres que es capaz de deixar "a masa" ou que ti, renovadx e entrando na vida,
caes nela baixo o efecto dunha bola de neve? deixácheste de facer preguntas
ao descubriches que as respostas que buscabas eran demasiado difíciles de atopar?
ou quizais decidiches reabrir a discusión con novas preguntas?
pensas que ti, coma individuo has de ser capaz de sobrevivir só ou coma pobre ser humán
rociado de leite, vaste botar á busca ou só segues ao resto rociado?

Maciej Sado e Begoña Cuquejo
Polonia-Galicia

jueves, 19 de mayo de 2011

Traspediante presenta Baleadas

Mostra do proceso creativo da peza Baleadas na presentación do segundo número da revista Núa na Sala Nasa
II encontro de procesos de creación+
11 Maio, 21:30











A revista Núa aproveita a presentación do seu número 2 para realizar o II Encontro de procesos de creación escénica, con participación de Begoña Cuquejo, Funboa Escénica, Fran Buceta, María Roja, Berio Molina, Joshua McCarey, Alberte Viveiro, Borja Salgado e Carlos Vidal. Tamén se presentará a edición de Agorafobia, texto de Clara Gayo recén editado en Ultratextos.

Núa é un novo espazo que pretende dar voz a aquelas creadoras que traballan na liña das novas linguaxes, facendo fincapé nos procesos de creación, e a aquelas outras que queiran colaborar cos seus escritos desde unha posición crítica e creativa para afondar nos múltiples aspectos que conforman o mundo das artes escénicas.

Anaglifo / vídeo danza, de Begoña Cuquejo

Oiseau rebelle / teatro, de Funboa Escénica

S/T (resaca de domingo) / Performance, de Fran Buceta, María Roja, Berio Molina

LivingRoom / teatro, de Joshua McCarey

() / intervención, de Julio Fernández

domingo, 8 de mayo de 2011

Prensa. La Voz de Galicia

Traspediante cía. MARTA ALONSO

«Busco la interactuación directa con el público»

A. C. Santiago / LA Voz 28/4/2011

La compañía de danza Traspediante presentará varios espectáculos estos días en la ciudad. Una de sus directoras, Marta Alonso, explica que «comenzamos hoy con el estreno de Baleadas, una pieza familiar en la que incluímos un software de animación en directo». La pieza está basada en el poemario balea2 de Estevo Creus.

Al día siguiente, coincidiendo con el Día Internacional de la Danza, la compañía traslada su espectáculo a la calle con Baila un vestido verde. Protagonizada por Marta, «busco interactuar mucho con la gente, que además se suele parar bastante animada a ver estas cosas por la calle».

Y sin parar con el ritmo, mañana por la noche desde las 21 horas en el Teatro Principal llega Habelas. «Es un espectáculo relacionado con el mundo de las meigas y con la magia que hay en su cultura, además de la meiga como mujer». Protagonizada por la propia Marta y su compañera Begoña Cuquejo, la pieza fue premio Injuve en el 2010.

sábado, 2 de abril de 2011

Traspediante dirixe a aula Universitaria de danza en Ourense

O grupo preséntase por primeira vez ante o público co seu espectáculo 'Anclaje'

A Aula de Danza comeza pisando forte na MITEU e en Unidanza

Está formado por dez persoas, membros da comunidade universitaria e de fóra


Rosa Tedín | Ourense
Comezou a dar os seus primeiros pasos en outubro de 2010 e apenas seis meses despois a Aula de Danza do campus de Ourense está a recoller os seus primeiros froitos. O día 1 os seus bailaríns e bailarinas participaron na inauguración dunha das citas de referencia cultural da cidade, a Mostra Internacional de Teatro Universitario de Ourense MITEU, e desde este luns participan en Unidanza 2011, festival internacional que organiza a Universidade Carlos III de Madrid e cita obrigada para a danza universitaria en España. Co seu espectáculo Anclaje levan áncoras e comezan a súa andaina ante o público e ante o sector.

A Aula de Danza, chamada D-Ou Tras, creouse a principios de curso e na actualidade está composta por dez persoas, membros da comunidade universitaria e de fóra dela, cunha clara maioría de mulleres. Filemón Rivas, técnico de cultura do campus, explica que a creación deste grupo xurdiu coa idea de contrarrestar “o pouco calado que ten esta disciplina na cidade” e seguindo o exemplo das universidades da contorna, que xa contan con aulas de danza.

Para levar a cabo esta iniciativa seguise o esquema da Aula de Teatro do campus. Deste xeito, D-Ou Tras desenvólvese no marco dos obradoiros culturais cuadrimestrais que se realizan no campus. Este formato, explica Rivas, tense amosado moi eficiente pois “mestura formación, divulgación e difusión. Non queda só no primeiro chanzo senón que permite crear unha estrutura de continuidade que dá moito xogo, como xa temos comprobado coa Aula de Teatro”.

Primeiros pasos

Begoña Cuquejo e Marta Alonso, do Colectivo de Artes Escénicas Traspediante, son as responsables desta Aula de Danza. Salientan a excelente resposta das persoas que, na súa maioría sen coñecementos previos de danza, se animaron a apuntarse a esta iniciativa a principios de curso e que agora xa se enfrontan ao reto de actuar en público. “Na MITEU estreamos o noso espectáculo Anclaje nunha actuación na que tamén participaron as demais universidades galegas. Para nós foi moi importante porque supuxo a nosa estrea no circuíto de danza universitaria”.

Trala MITEU o grupo ourensán dá un paso máis adiante e participa agora en Unidanza 2011, que comezou este luns na Universidade Carlos III de Madrid e que se prolongará ata o venres. Cuquejo salienta a importancia desta participación, “pois o noso proxecto foi elixido e convidado a asistir, entre os moitos que se presentaron, xunto a outros catro de ámbito internacional, procedentes de México, Francia e Italia, e da Universidade Europea de Madrid”. Segundo explica, nesta elección pesou “principalmente o noso carácter de laboratorio contemporáneo”.

A Aula de Danza do campus de Ourense aproveita estes días en Unidanza para acudir ás conferencias que se imparten, para asistir aos espectáculos profesionais e universitarios que se realizan e para intercambiar coñecementos e experiencias cos seus homólogos. O mércores ás 18.00 horas amosaranlle aos asistentes o seu espectáculo Anclaje, unha intervención na que “parten de ancorar un elemento para mover o resto, sexa este elemento unha parte do corpo ou un concepto”.


http://duvi.uvigo.es/index.php?option=com_content&task=view&id=4661&Itemid=5




Traspediante organiza o primeiro encontro de danza universitaria en Ourense dentro do programa da MITEU

Prensa. La Región, Ourense.

"A Miteu sae ás rúas para anunciar a chegada do teatro"


Un espectáculo de 'circo musical burlesco' e un número de danza darán
inicio ás actividades teatrais dentro dos espazos pechados
la region. REDACCIÓN. OURENSE - 02-04-2011

Rosaura chegou onte ata o Parque de San Lázaro para anunciar o comezo de 15 días de teatro na cidade. Alumnos do primeiro nivel da Aula Universitaria de Teatro percorreron as rúas máis céntricas de Ourense en busca das artes escénicas. Desfiles, paradas, colorido e espectáculo ata chegar ós Xardíns do Padre Feijóo nun percorrido no que camiñaron acompañados de música en directo deron paso ás actuacións en espazos pechados.

Xa dende a primeira xornada, a Miteu mostrou a súa faciana máis internacional. O primeiro grupo en actuar foi o francés 'Les triples croches'. Procedentes de Lyon, visitaron España por primeira vez nesta ocasión para ofrecer o espectáculo 'Jamais deux sans trois', cheo de música, teatro e circo que deixan ver o eido multidisciplinar sinalado polo director do certame, Fernando Dacosta. Dirixidos polo 'clown' Roger Bories, 'Les triples croches' non foron quen de chegar a ofrecer un concerto na hora e cuarto que durou a obra. Niso consistía o argumento, nos intentos de tres personaxes -músicos e artistas de circo- por dar un número musical.

Pecharon o día un da Miteu e día un do mes de abril varias pezas de danza no Auditorio. 'Anclaje', 'Ellas', 'Rede na rede' e 'Próxima estación' chegaron da man de diferente colectivos artísticos galegos (Aula de danza do Campus de Ourense, Miriam Centro de Danza, Aula de Danza da Universidade da Coruña e Espazo de Danza do Campus de Lugo da Universidade de Santiago).


http://www.laregion.es/noticia/148880/miteu/anunciar/chegada/teatro/

Noticia.Traspediante con Danesga en Achegarte


O sábado 2 de Abril



Paulina Funes, Begoña Cuquejo e Marta Alonso Tejada
Música: non-ou




As 18.30 horas
Ariel Ninas e Traspediante presenta "Habelas" o disco.

lunes, 28 de marzo de 2011

traspediante e ariel ninas lanzan o cd de habelas




cd leva a música de Ariel Ninas, o video promocional, fotos e links.
se tedes paciencia o cd leva unha sorpresa.

cd a venda por 5 euros
contacto para mercar o cd:
traspediante@hotmail.com

domingo, 13 de febrero de 2011

Habelas en el ciclo SCQ Danza de Santiago de Compostela















SCQ Danza ofrecerá siete espectáculos este semestre

M. Beceiro
SANTIAGO / LA VOZ
12/2/2011

El programa SCQ Danza llevará al Teatro Principal durante el primer semestre del año un total de siete espectáculos de seis compañías, tres de ellas gallegas (Compañía Nuria Sotelo, Traspediante y Experimentadanza), contando con el apoyo de Agadic; y otras tres que llegan desde Andalucía (Mopa), Eslovaquia (Les Slovaks Dance Collective) y Normandía (Centro Centro Coreográfico Nacional de Caen/Baja Normandía), esta última con el apoyo económico de la Embajada de Francia.

La concejala de Cultura, Socorro García, y el director-gerente del Auditorio de Galicia, Paulo Rodríguez, presentaron ayer las siete propuestas de danza que ofrecerá el programa SCQ durante esta primera parte del año. Socorro García subrayó la importancia que tiene para su departamento este ciclo nacido en el año 2007, poniendo de manifiesto que a pesar de los recortes presupuestarios Cultura apuesta por los ciclos de danza, entendiendo que «é necesario achegar ao público as propostas mais contemporáneas» y que hay que seguir «traballando na creación de público para as artes máis difíciles e minoritarias». Paulo Rodríguez destacó el hecho de que, a pesar de los recortes presupuestarios, en este primer semestre del año SCQ Danza ofrecerá más títulos que el año pasado y que «hai poucos concellos que programen este tipo de danza».

La programación la abrirá el viernes próximo la compañía Mopa con su espectáculo Espérame despierto, en e que hace una reflexión sobre las relaciones y su cotidianeidad. El 11 de marzo, rondando el día de la mujer, hará su presentación en Galicia el Centro Coreográfico Nacional de Caen/Baja Normandía, con el espectáculo Manta, de la coreógrafa Héla Fattoumi, en el que hace una reflexión sobre el hiyab y el sometimiento de las mujeres en el mundo árabe.

Compañías gallegas

La segunda presencia internacional la protagonizará una de las pocas compañías profesionalizadas de Eslovaquia, que cuenta con seis miembros de la misma familia, Les Slovaks Dance Collective, quienes estarán el 4 y el 5 de mayo con dos espectáculos, Within y Journey Home. La última coreografía del programa correrá a cargo de la compañía gallega Experimentadanza con su pieza Inoxidable, una metáfora que compara las relaciones humanas con una materia orgánica.

La primera de las tres compañías gallegas del cartel, la Compañía Nuria Sotelo, hará su presentación el 17 de marzo con un solo, Métanse nos seus asuntos, interpretado por la propia Nuria Sotelo y dirigido y coreografiado por Ana Vallés. El 29 de abril, la segunda compañía del país, Traspediante, pondrá en escena Habelas, una pieza escénica multidisciplinar, con música en directo, proyecciones audiovisuales y magia.

Enlace prensa. Aquí

sábado, 11 de diciembre de 2010

Ourense: presentación de O libro dos cans, de Estevo Creus


O xoves 9 de decembro, a partir das 19:30 h., na Livraria Torga (Rúa da Paz, 12, baixo) de Ourense, preséntase O libro dos cans, de Estevo Creus, publicado en Franouren. No acto o autor estará acompañado por José Manuel Bouzo e a Aula de Danza Contemporánea do Campus de Ourense (dirixida por Cia-Traspediante), que levará a cabo unha acción improvisada ou mecánica de saltos

viernes, 10 de diciembre de 2010

De trenes, perros y libros

Os alumnos do obradoiro de danza contemporánea universitaria de Ourense (Andrea, Daniela, Lidia y Raquel) participando na presentación do libro de Estevo Creus.

10/12/2010
La voz de Galicia. Ourense

Lito Caramés Bouzán es profesor de Ciencias Sociais en la Universidad de Barcelona y como miles de «desplazados», Caramés es originario de Cotobade, guarda un vivo recuerdo de aquellos años en que el Estrella de Galicia era toda una aventura, por definir de alguna manera a aquel tren que tardaba una eternidad en unir Galicia y Cataluña. Las experiencias de Lito Caramés son las que dieron origen a la veintena de relatos que componen E agora pasa o tren, libro editado por Biblos que ayer fue presentado en el Centro Cultural da Deputación de Ourense. El marco de presentación fue el museo del tren del Simeón. También ayer, en este caso en Torga, Estevo Creus presentó O libro dos cans, publicado por la editorial Franouren Edicións.

En la universidad se presentó ayer el curso A formación do xurista europeo no contexto do novo dereito global. Las profesoras María José Bravo Bosh, Inés Iglesias y Mónica Siota fueron las encargadas de dar a conocer este iniciativa en el campus ourensano.

También los más pequeños tuvieron su cita en Ponte Vella, en este caso con Dora la Exploradora.

lunes, 6 de diciembre de 2010

Traspediante colabora no proxecto organizado por i2CAT e Kónic.


TEATRO E DANZA ÚNENSE COAS NOVAS TECNOLOXÍAS NUN PROXECTO PROMOVIDO POLA FUNDACIÓN CEER.

Compañías universitarias da eurorrexión participaron por internet nunha nova iniciativa interactiva
02-12-2010

O grupo de danza da USC, a Aula de Teatro da UVigo e docentes e alumnos da Escola Superior de Arte Dramático de Galicia (ESAD) puxeron en escena este xoves, 2 de decembro, un espectáculo conxunto de danza nas Universidades de Vigo e Santiago que podía ser visualizado en directo, a través de Internet.
Tanto o grupo de teatro, que se atopaba na Universidade de Vigo, como o de danza, localizado na Universidade de Santiago, actuaron na distancia mediante as novas tecnoloxías, recibindo as imaxes do outro grupo mediante proxeccións, de xeito que podían interactuar entre si simultaneamente. A cita en Santiago foi na Aula de Visionado 1 da Facultade de Ciencias da Comunicación.
O proxecto, organizado por i2CAT e Kònic e coordinado polo CEER, xurdiu grazas a unha subvención do Ministerio de Cultura e conta coa participación activa das Universidades de Santiago, Vigo, Trás-os-Montes e Alto Douro e a ESAD.

Adicionalmente ao evento, a Fundación i2CAT está a ofrecer aos participantes formación relacionada coas TIC's nas industrias culturais, que estes días imparten técnicos das Universidades de Santiago e Vigo que colaborarán na posta a punto do evento distribuído. Do mesmo modo, a UTAD organiza para o 17 de decembro unha clase maxistral enfocada á utilización das novas tecnoloxías na creación de proxectos artísticos, que será retransmitida por internet.




viernes, 19 de noviembre de 2010

Traspediante y Sudhum Teatro

















Traspediante colabora con Sudhum teatro en su proyecto Contraimaxe.


EXPOCORUÑA | 20 DE AGOSTO
La compañía Sudhum Teatro ofrecerá Contraimaxe , una performance sobre la imagen y la moda que servirá de adelanto de lo que prepara para el Daisy Market, el showroom de diseño emergente que se celebrará en octubre próximo.



viernes, 1 de octubre de 2010

obradoiro de danza contemporánea no campus de Ourense


Información: nas oficinas do Rexistro ou no L.E.R.D. da Unidade Administrativa do Campus de Ourense.

988 387 313 - 988 387 102 - 988 387 103